“Donald Trump xa non ten quen lle bique o cú”. Antón Luaces

12 Abril 2025

O 2 de abril pasado, data na que Donald Trump presentou o seu plan de aranceis xeralizados, Forbes establecía o patrimonio neto do mandatario estadounidense en 4.700 millóns de dólares.

Unha semana despois e como consecuencia da guerra comercial declarada a máis de medio mundo, ese patrimonio baixou a 4.200 millóns de dólares, baixada que evidencia que Trump xa non  ten  quen lle bique o cú, se é que algunha  vez houbo quen o fixo (coma o propio Trump afirmara).

Pero o réxime arancelario de Trump non só afecta negativamente a este: desde Tesla ata SpaceX e xAI, o extenso imperio empresarial global de Elon Musk tamén se ve  afectado e non para ben.

O caos vivido nos mercados financeiros mundiais que levou a barallar a posibilidade dunha recesión global e a posterior suspensión de aranceis de Trump, chegou a producir beneficios multimillonarios aos empresarios chineses da roupa e a electrónica. Unhas ganancias rexistradas cando o presidente americano  amosou a súa disposición a negociar con socios comerciais que non tomaran represalias cos seus propios aranceis e que foi o motivo polo que os mercados estadounidenses rexistraron unha repentina suba e un jncremento do optimismo dos inversores noutros mercados asiáticos (Xapón e Corea do Sur, nomeadamente).

Tamén subiron as accións chinesas, malia o aumento de aranceis de ata un 125% decretado por Trump.

Pola súa banda, a Confederación Española de Pesca (CEPESCA) formulou a aplicación de medidas urxentes que permitan contrarrestar o impacto dos aranceis de USA á volta de tres meses. Unha resposta firme, coordinada e estrutural que protexa a viabilidade das exportacións e o emprego.

A pregunta, agora, é se hai algún mandatario que “lle bique o cú” após obrigalo a reconducir os seus plans arancelarios.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.