Comeza a conta atrás para a nova edición (a XXXI) do Autocross O Castro de Taragoña

22 Abril 2025

Este sábado 26 de abril celebrarase finalmente en Taragoña (Rianxo) un dos grandes eventos da tempada relativos ao motor: a XXXI edición do Autocross O Castro, proba organizada pola Escudería Rallyactividad coa colaboración do Concello de Rianxo. A cita deportiva comezará sobre as 8.00 horas da mañá, coas verificacións dos participantes, que arrincarán ás 10.00 horas cos adestramentos libres e ás 12.00 cos adestramentos oficiais. As semifinais celebraranse logo do xantar, ás 15.30 horas, e as finais sobre as 17.00 horas.

O Autocross O Castro é primeiro Campionato da Xunta de Galicia de Autocross. Celebrarase no circuíto de O Castro, en Taragoña. Quen precise máis información pode consultala no Facebook da escudería organizadora.

O prazo de inscricións, segundo confirmou a Escudería Rallyactividad, ampliouse (debido á revisión de documentación) até este mércores ás 11 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.