“Colapso”. Xulio Xiz

30 Abril 2025

O primeiro síntoma do problema foi que o teléfono quedou sen cobertura. Cortouse a enerxía eléctrica e, nun momento, volvemos a un tempo que a maioría xa non coñeceu. Os que sabemos o que é vivir no rural sen enerxía eléctrica a mediados do pasado século, volvemos ao aillamento que ás veces tememos pero nunca prevemos que poida ocorrer.
Cando un colapso como o deste luns se produce, lamentamos a absoluta dependencia da enerxía eléctrica para a nosa vida. Un corte de enerxía afécta a bancos e hospitais, aeroportos e supermercados, ascensores e garaxes, pagos con tarxeta, gasolineiras, televisión, internet… quedounos a radio, único auxilio, o que nos fai lembrar a longa noite dos transistores do 23 F,
Soubemos, a contagotas, da recuperación do servizo pola provincia: Cospeito, Castro de Rei, Burela, O Vicedo... e mesmo a rúa Ourense na capital. E sorprendémonos da parcelación do subministro por rúas cando maxinabamos automatización total e garantìa de subministro, pero diante das hipótesis dun atentado ou ataque informático, se nos explica que o acontecido é c omo cando nunha casa saltan os plomos.
Pandemias, inundacións, colapsos de causa coñecida ou estimada, son probas de esforzo á sociedade moderna, conectada pero dependente de imponderables fóra de control. E se algo temos que subliñar é a normalidade absoluta no exterior, a modélica conducción nas estradas e rúas e a xubilosa e paulatina volta á normalidade.
Se foi unha proba, o resultado foi perfecto. Se non foi proba, agardemos sexa lección para os gobernantes do inerme da sociedade nun sistema que nos fai dependentes, e que cando falla nos deixa xordos e cegos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.