Carnota acolle até o domingo o XII Víndemo Ver Mercado da Deputación

18 Abril 2025

A feira Víndemo Ver Mercado da Deputación chega estes días (até o domingo 20 de abril) á súa décimo segunda edición, logo da apertura de portas deste xoves 17 de abril na praza de San Gregorio. Produtos locais da horta, artesanía e gastronomía conforman o Mercado da Deputación, “co obxectivo de poñer en valor a nosa paisaxe que sabe, nesta feira que xa é de referencia” sinalou o deputado provincial, Xosé Penas, que asistiu á inauguración acompañado do alcalde, Juan M. Saborido Rama e, posteriormente, da fotoxornalista Ana García; o investigador do centro oceanográfico de Vigo (IEO-CSIC), Francisco Rodríguez Hernández e Julio Canosa Marcote, da embarcación Fish-Terra, que protagonizaron unha charla – coloquio sobre o mar de Ardora.

Os visitantes poden degustar as receitas e produtos máis representativos da zona nos diferentes postos de comida e bebida neste evento no que tamén hai cabida para as actividades culturais, deportivas e de ocio para todos os públicos. “Víndemo Ver é un bo exemplo de turismo responsábel co territorio, promocionando os nosos recursos dun xeito respectuoso”, afirmou Penas, engadindo que “non se trata so de promoción turística, senón que esta iniciativa visibiliza o traballo dos nosos produtores e produtoras, contribuíndo, polo tanto, á mellora socioeconómica local a través da xeración de oportunidades e da diversificación”.

“E non so iso”, engadiu o deputado, “senón que esta mostra inclúe tamén plans de ocio e turismo activo como andainas, rutas BTT e tamén culturais. Unha iniciativa de promoción local cun programa moi completo e diverso para todo tipo de públicos que, iso si, ten ben definido o seu obxectivo de poñer en valor todos os recursos que este recuncho da Costa da Morte é quen de ofrecer”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.