Calvo anima a alcaldes e a voceiros do PP da comarca do Barbanza a “poñer toda a carne no asador” nos dous anos que restan para as municipais  

12 Abril 2025

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña mantivo unha reunión de traballo coa vista posta nas municipais do 2027

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, mantivo esta semana unha reunión de traballo cos alcaldes e voceiros do PP na comarca do Barbanza, aos que animou a “poñer toda a carne no asador” nos dous anos que restan para a celebración das eleccións municipais de 2027.

Durante o encontro, no que estivo acompañado polo secretario xeral do partido, Evaristo Ben, polo vicesecretario de organización e territorio, Gonzalo Trenor, e pola deputada autonómica Magdalena Pérez, Calvo fixo fincapé na importancia de continuar traballando tanto nos municipios nos que o PP goberna –como Porto do Son, Noia, Lousame e, máis recentemente, Outes– como naqueles onde actualmente está na oposición.

“Temos por diante dous anos moi importantes para consolidar as alcaldías que temos, pero tamén para prepararnos para poder conseguir outras. Pode parecer que falta moito para as municipais, pero están máis preto do que todos pensamos”, advertiu Calvo.

O líder popular na provincia destacou o papel histórico do Barbanza como “punto de referencia” para o partido e asegurou que o PP aspira a recuperar o goberno en todos os concellos da comarca.

“Somos ambiciosos e imos traballar para conseguilo. O primeiro motivo é que nos avala o traballo que estamos a realizar en Porto do Son, Noia, Lousame e Outes; e o segundo, porque estamos a ver o que sucede en gobernos como os de Ribeira ou Muros”, indicou.

Nesa liña, lamentou que nestes concellos “a veciñanza estea a sufrir as consecuencias de executivos municipais que, co paso do tempo, demostraron que o único que lles importaba era evitar que o PP chegase ás alcaldías”.

Calvo tamén aproveitou a xuntanza para felicitar a Fran Calo pola súa recente chegada á alcaldía de Outes e advertiu aos cargos populares sobre posibles ataques políticos nos próximos meses.

“Utilizarán calquera cousa para atacarnos. O resto de formacións entenden a política desde a confrontación, a mobilización social e os ataques. Nós temos que dar a cara, explicar aos nosos veciños a realidade e non permitir que outros gañen un relato que pouco ou nada ten que ver coa realidade que vivimos en Galicia e nesta comarca”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.