Caamaño celebra as súas Festas de Pedrafurada con música tradicional, verbenas, misas na honra da Nosa Señora e unha churrascada de balde

14 Abril 2025

Máis alá das celebracións estritamente relixiosas da Semana Santa, a nosa comarca achéganos estes días varias citas festeiras para non perderse, entre as que se atopan as Festas de Pedrafurada de Caamaño, edición 2025. Desenvolveranse os días 19, 20 e 21 de abril, ou sexa, o sábado, o domingo e o luns de Pascua, e arrincará o sábado 19 pola noite cunha espectacular verbena no Campo de Fútbol coa Orquestra Capitol e, máis tarde, coa Capitol Discomóbil CDC.

A xornada do domingo 20 (na honra de Xesucristo Nazareno) comezará coas dianas e alboradas dos grupos de gaiteiros Trécola e Os Pequenos do Barbanza. Ás 13.00 horas está prevista unha misa solemne na Capela de Pedrafurada e ao remate haberá unha procesión. A sesión vermú (con petiscos a prezos populares) correrá a cargo do Trío La Noche. Pola noite a partir das 22.30 horas actuará de novo o Trío La Noche, na contorna da Capela de Pedrafurada.

O luns 21, día adicado á Nosa Señora de Pedrafurada, comezará con dianas e alboradas da man da Banda de Música de Caamaño e o do grupo de gaiteiros Canlebó de Camboño. Ás 10h e ás 11h haberá misas rezadas ca Capela de Pedrafurada. Ás 13 horas celebrarase unha misa solemne na honra da Nosa Señora de Pedrafurada rematada novamente cunha procesión. A continuación virá unha sesión vermú con gran churrascada de balde amenizada pola Banda de Música de Caamñao e a Charanga Milnueve. Pola noite 21 bombas de palenque porán remate á festa.

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.