Boiro celebra o vindeiro 3 de maio a 12 edición do Maio Vintage Market

24 Abril 2025

O Concello de Boiro e a Asociación Creaturas celebran o vindeiro sábado 3 de maio a 12ª edición do Maio Vintage Market. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este xoves 24 de abril na presentación do evento xunto con Daniel García, membro da organización e presidente da ABE; e Alberto García, membro da organización e técnico de cultura.

Segundo confirmaron, van participar nesta edición máis de 70 postos de artesanía e tamén entidades e asociacións como Ambar, Cruz Vermella, Turbina… e que contará cunha programación cultural en diversas localizacións de durante todo o día. “Con esta actividade dá comezo o programa cultural do verán con eventos organizados por entidades e asociacións que se prolongan durante toda a época estival”, recoñeceu María Outeiral.

A programación comezará ás 11.30 horas cunha batucada polas rúas de Boiro e continuará durante todo o día cos DJs Señora DJ, DJs Maruja e Coralia, DJs Baño Txeku, DJ Gafapasta e DJ Matrek. Haberá tamén programación infantil con Brais das Hortas e Marta Ortiz e actuacións de French Riviera ou David LH & The Po’Boys. “Esta festa, que é unha adaptación da festa dos maios, mostra a viveza de Boiro”, sinalaron.

A temática deste ano será os anos 90 e 2000 polo que dende a organización animan a todo o mundo a que se caracterice de época. “Trátase dunha festa moi participativa que mestura comercio local, cultura, artesanía… na que se involucra a veciñanza e tamén os negocios do municipio”, afirmou Daniel García.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.