Basoñas (Porto do Son) recupera este 30 de abril a festa tradicional do Lume ao Pan

28 Abril 2025

A veciñanza de Basoñas, San Pedro de Muro, está a recuperar unha festa que se facía antigamente na aldea, o Lume ao Pan. A celebración consiste nunha xuntanza veciñal para ir poñer os maios ás leiras que estaban sementadas e despois xuntábanse todos no Alto da Agra para festexar. Dende a veciñanza sinalan que se trata dunha cita participativa e aberta, e que quen queira ter parte activa na mesma só terá que aportar algo para picar (doce ou salgado) para compartilo. A celebración será este 30 de abril no alto da Agra, na aldea de Basoñas e comezará ás 18.00 coa colocación dos ramos, proseguindo ás 19.30 con foliada e xogos populares. Ás 22.00 horas haberá concerto con Amores de Barra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.