Barbanza Arousa entrega os premios do seu circuíto de carreiras populares

11 Abril 2025

Este xoves 10 de abril ás 19:30h celebrouse no Auditorio Municipal de Rianxo a entrega de premios das persoas gañadoras na sétima edición do circuíto de probas populares da Mancomunidade Barbanza Arousa. Entregaranse premios ás distintas categorías gañadoras nos circuítos celebrados nos catro concellos que abrangue a mancomunidade e que pertencen á vertente sur do Barbanza: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

Os premios a entregar foron ás categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sénior, grupos máster femininas e masculinas, clubs federados e asociacións, e á categoría de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, sapatilla inclusiva.

O acto estivo conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contou coa intervención da monologuista galega Leti da Taberna.

Nesta edición os trofeos entregados estaban realizados nun material de plástico reciclado, en consonancia coa estratexia global da mancomunidade de fomento da sustentabilidade en todos os eidos.

O Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa (4 carreiras, 1 meta) ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudábel. O Circuíto conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa: A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo e Boiro.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.