Augas de Galicia dá o visto bo ás obras realizadas na Gardiña, en Muros

11 Abril 2025

Augas de Galicia vén de supervisar e comprobar o resultado das obras de saneamento desenvolvidas na Gardiña, no núcleo de Acea (Serres). Como lembraremos, o Concello desenvolveu nesta contorna unha actuación para implantar a rede de saneamento municipal, obras que remataron o pasado mes de febreiro. “Tratábase dunha demanda histórica da veciñanza da Gardiña”, lembrou a alcaldesa de Muros, María Lago, trala visita dos técnicos de Augas de Galicia destinada a comprobar o resultado dos traballos, que recibiron o seu visto e prace e salientaron o valor medioambiental do proxecto, xa que esta nova rede de saneamento instalada polo concello elimina varios puntos de vertidos ao mar. “Os traballos incluíron ademais a renovación do firme, mellorando a seguridade viaria”, engade a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.