Augas de Galicia contribúe a eliminar tres puntos de vertido de residuais en Serres (Muros)

11 Abril 2025

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da entidade pública empresarial Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente tres puntos de vertido de augas residuais de orixe particular na parroquia de Serres, no concello coruñés de Muros.

O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico detectou estas incidencias no marco dos labores rutineiros de inspección que realiza dentro do termo municipal de Muros.

As tres filtracións de augas residuais localizadas chegaban sen depuración e de forma directa á ría de Muros e Noia, concretamente na contorna da praia de Virxe do Camiño. Tras detectar o problema, emprazouse ao titular a executar as actuacións necesarias para emendar os vertidos.

Posteriormente, no marco dunha nova inspección, os técnicos do PCV constataron que as tres incidencias quedaran resoltas unha vez que o Concello de Muros executou nesta zona unhas obras de saneamento que permitiron acabar cos tres aportes contaminantes cara á ría grazas á súa conexión coa rede municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...