A Semana Santa arrinca en Rianxo coa imposición de medallas aos novos confrades e o triduo na honra da Nosa Señora

07 Abril 2025

O programa da Semana Santa de Rianxo, organizado unha vez máis pola Irmandade da Paixón do Cristo, comezou xa co arrinque de abril, coa imposición de medallas aos novos confrades na igrexa de Santa Comba. A axenda prosegue os días 9, 10 e 11 de abril, co triduo na honra da Nosa Señora das Dores (misas ás 20.00 horas e procesión o último día, 11 de abril).

O 13 de abril, Domingo de Ramos, celebrarase ás 11.15 horas a tradicional Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, onde serán bendicidos os ramos para regresaren logo os fregueses á igrexa parroquial e oficiarse a Santa Misa.

O 16 de abril, Mércores Santo, haberá dous grandes actos relixiosos: ás 20.00 horas o acto de ánimas e confesións e ás 21.00 horas o Via Crucis penitencial polas rúas de Rianxo.

No 17 de abril, Xoves Santo, celebrase a Santa Misa da Cea do Señor ás 19.00 horas e ás 21.00 horas a procesión e, ao rematar o percorrido, a celebración da Hora Santa.

As actividades do Venres Santo (18 de abril) arrincarán ás 10.00 horas co Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 11 horas celebrarase o Santo Encontro na praza Castelao. Pola tarde levaranse a cabo os Santos Oficios (Adoración da Cruz e Desencravo) e ás 22.00 a Procesión do Santo Enterro.

O 19 de abril, Sábado Santo, inclúe entrada a noite (sobre as 21h) a cerimonia da Vixilia Pascual. Ao finalizar, o Cristo da Misericordia volverá como é tradición á súa capela.

A axenda rematará o Domingo de Resurrección, 20 de abril, cunha Misa de Resurrección ás 12.15 horas.

O programa vén da man da Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo en colaboración co Concello.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.