Araño acolle unha xornada de voluntariado para a eliminación de acacias (este sábado ás 10.00 horas)

08 Abril 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza outra xornada de voluntariado para a eliminación de acacia en Rianxo: unha actividade coordinada pola Fundación Montescola. Desta vez, será nos terreos do monte veciñal do Araño (Rianxo), en colaboración coa CMVMC de Araño e a Asociación Cultural A Carballeira de Baia. A cita será este sábado 12 de abril ás 10.00 horas. O punto de encontro está fixado no Campo da Festa do Araño

A actividade coincidirá coa xa tradicional Festa da Salchicha, que comezará ao rematar o voluntariado, tamén no Souto. O programa inclúe degustación de salchichas, actuación dos gaiteiros Os Pequenos do Barbansa, xogos populares, bingo e baile para todos os públicos.

Como dixemos, a actividade está coordinada por Montescola, entidade responsábel das accións de educación ambiental, voluntariado e dinamización comunitaria no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Contará ademais coa colaboración da Comunidade de Montes do Araño, propietaria dos
terreos, e da Asociación Cultural A Carballeira de Baia, encargada de dar continuidade á xornada cunha proposta festiva aberta a toda a veciñanza.

A xornada está aberta a persoas de todas as idades e ten como obxectivo concienciar sobre o impacto das especies invasoras, contribuíndo á recuperación ecolóxica do monte. Ao finalizar o traballo, as persoas voluntarias serán convidadas a un xantar de albaroque, seguido de música
tradicional, xogos populares e baile no Souto de Buía (antiga escola).

O Laboratorio está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.