A Xunta volve brindar o seu apoio á Festa da Xouba de Rianxo

03 Abril 2025

Este xoves 3 de abril, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, trasladou ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, a vontade do Goberno galego para apoiar novamente o desenvolvemento da Festa da Xouba que se desenvolve na vila rianxeira no mes de xullo.

Vilares sinalou que “este evento é unha auténtica exaltación deste peixe que conta co selo de calidade propio dende 2023 -Xouba de Rianxo, Pesca Artesanal, Arte do Xeito-, e que vai na liña das accións impulsadas pola Xunta de promoción do consumo dos produtos pesqueiros, unha cita que atrae a numero público e que este ano cumpre a súa trixésima edición”.

Lembrou tamén que a xouba é un dos peixes azuis máis emblemáticos do verán galego e doutros moitos puntos de España, sendo as do xeito exclusivas das Rías Baixas e que “en Galicia hai máis de 400 pesqueiros de artes menores autorizados a faenar con este sistema”.

En 2024, as lonxas galegas poxaron máis de 14 millóns de quilos de sardiñas e xoubas que xeraron en primeira venda máis de 16 millóns de euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.