A Xunta impulsa a mellora das bibliotecas en 200 concellos galegos entre eles os da comarca

20 Abril 2025

A Xunta de Galicia colaborará con preto de 200 concellos este ano a través das axudas, dotadas con 550.000 euros, para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais as bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia, a convocatoria resolta divídese en dúas liñas, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. Coa primeira, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrece a un total de 185 concellos estas novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais en función da demanda das súas bibliotecas e axencias de lectura.

A segunda liña continuará a mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas de 190 municipios. Así, a Xunta continúa a facilitar que os concellos actualicen os fondos de acordo coas necesidades dos usuarios das bibliotecas, garantindo así que os profesionais adquiran a as novidades de cara a completar e renovar as coleccións. 

Apoio ao sector cultural galego

Esta acción enmárcase no compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na promoción do sector cultural galego en todas as súas vertentes. Ademais deste tipo de axudas enfocadas a impulsar o libro e a lectura en galego, que suman no seu conxunto 3M€, o Goberno autonómico tamén colabora na edición, distribución, comercialización e tradución de obras. Así mesmo, favorece a participación de profesionais en feiras e eventos e apoia o circuíto das feiras do libro de Galicia con 13 paradas de distintas cidades e vilas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.