A Secretaría da Lingua celebrara as probas CELGA entre o 10 e o 31 de maio

24 Abril 2025

A Secretaría Xeral de Lingua compartiu, a través do Portal da Lingua, as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 10 e o 31 de maio en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán a facerse tamén en Madrid.

Trátase da primeira convocatoria que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude efectúa este 2025, centrada neste caso nas probas correspondentes aos niveis CELGA máis solicitados, o 2, o 3 e o 4. A maiores, tamén se leva a cabo en Santiago de Compostela as probas correspondentes ao nivel CELGA 1. Desta maneira, preténdese continuar favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua nai, impulsando o interese por el.

No caso das probas para a obtención do CELGA 4, a convocatoria estableceuse para os días 10 e 11 de maio tanto en Santiago de Compostela, como en Ponferrada e Madrid. Así mesmo, as datas das probas dos niveis 3 e 2 quedaron fixadas para os días 24 e 25 de maio, respectivamente, nas tres cidades e para todas as persoas admitidas. No caso do grao 1, será só en Santiago de Compostela o 31 de maio.

As listaxes definitivas das persoas admitidas, que foron preto de 2.500, poden ser consultadas no Portal da Lingua Galega . En todos os niveis de acceso e nas tres cidades a hora de comezo dos exames será ás 9,00 horas. No caso de Santiago de Compostela, realizaranse no instituto Antón Fraguas para os niveis 4, 3 e 2, mentres que para o CELGA 1 será na Escola Galega de Administración Pública. En Ponferrada, celebraranse as probas na Escola Oficial de Idiomas desta localidade, mentres que en Madrid, os exames serán na Casa de Galicia.

A través desta convocatoria, a Secretaría Xeral mantén o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu achegamento a outros territorios, “dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación”. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola Lingua, a Secretaría tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñibles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...