A Pobra do Caramiñal sae a camiñar o vindeiro 18 de maio para apoiar a loita con contra o cancro

25 Abril 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal colabora coa Asociación Española Contra o Cancro nunha nova andaina solidaria baixo o nome de A Pobra do Caramiñal en marcha contra o cancro o día 18 de maio. A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, presentou xunto a membros da Asociación a nova edición da camiñada: “É necesario seguir apoiando e destinando recursos para a investigación desta enfermidade e para mellorar a calidade de vida daquelas persoas que a padecen. Por iso dende o Concello da Pobra do Caramiñal prestamos apoio loxístico para poder levar a cabo as actividades que se desenvolverán nesta vindeira xornada”.

María Teresa Pérez, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na Pobra, explicou a continuación polo miúdo o desenvolvemento da xornada: “Será unha andaina circular con dúas rutas, unha de 12 quilómetros e outra de 6, que discorrerán conxuntas ata San Isidro. As persoas participantes poderán decidir, ao chegar a este punto, se queren completar o percorrido máis curto ou continuar polo máis longo. O itinerario longo non é moi difícil, mais cada un debe valorar a súa condición e decidir á chegada de San Isidro”.

As inscricións poderán realizarse en diferentes establecementos do concello (Farmacia María Abeijón, Farmacia Tato, Farmacia Elsa Peñaranda Martínez, Farmacia Manuela Barrosa, Atmosfera Sport Maniotas, Sportmoda, Muebles Lijó, Don Tacón) e nas mesas informativas da Asociación, emprazadas nos xardíns Valle-Inclán, os mércores e sábados de 11:00h a 13:30h e os domingos de 11:30h a 14:00h. Ademais, tamén se poderá facer en liña.

A presidenta puxo o foco no obxectivo concreto da andaina: “O que pretendemos con esta iniciativa é visibilizar, fomentar a prevención e os hábitos saudábeis. O recadado será para a asociación, para a investigación e para os recursos gratuítos que temos á disposición de todas as familias”.

Para rematar, falando sobre a participación, Teresa Pérez comentou que “o ano pasado foi moi ben, chegando a inscribirse máis de 500 persoas, polo que esperamos nesta edición alcanzar unha participación igual. É unha actividade moi ben acollida pola veciñanza”.

A saída terá lugar na praza Alcalde Segundo Durán ás 10:30 horas, cun prezo de 5€ para adultos e de 3€ para crianzas de ata 12 anos. Antes de comezar a andaina, amenizarán a praza Alcalde Segundo Durán o alumnado De Boa Vibra Academia. Unha vez rematada, haberá unha actividade para menos subvencionada pola Clínica Dental Doutor Gonzalo López Castro e a actuación altruísta de DJ Jalaiko.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...