A Pobra do Caramiñal renderá homenaxe a Manuel Hermo Vidal

10 Abril 2025

A Pobra do Caramiñal vai render homenaxe a Manuel Hermo Vidal nun acto institucional que se celebrará no salón de plenos o próximo 16 de abril. Con motivo da presentación deste recoñecemento, a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo, sinalou que “dende o Concello a intención é dar á memoria histórica unha historia local, seguindo na liña do compromiso que ten o Concello de outorgar recoñecemento público a aquelas persoas que, como Hermo, defenderon os valores democráticos nun momento especialmente duro da nosa historia”.

Así, a concelleira falou deste xeito sobre o acto: “Será un acto sobrio e respectuoso, aberto á veciñanza, que busca poñer en valor a figura de Manuel Hermo como representante público. Por iso convidamos a toda a cidadanía a participar neste acto aquí, no salón de plenos, e así conferirlle esa solemnidade que se merece”.

José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal, engadiu que “eu son dos que considera que hai unha débeda con Manuel Hermo dende fai 88 anos. Pese a non ser alcalde, senón tenente alcalde, quedou realizando as funcións de alcalde ata que foi tomado preso. Se hai alguén que merece estar colgado neste salón de plenos, ese é el sen dúbida.”.

Este acto homenaxe terá lugar o vindeiro mércores, 16 de abril, ás 20:00h. Intervirán a concelleira Patricia Lojo, o alcalde José Carlos Vidal e o neto de Manuel Hermo Vidal. Tamén se realizará unha conferencia, a cargo do profesor de Historia José Antonio Pérez, sobre a figura do homenaxeado, e contará con amenización musical.

Sobre o homenaxe (fonte: Galipedia)

Manuel Hermo Vidal, coñecido como Molinera, nado na Pobra do Caramiñal e finado en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1937, foi un político galego.

Militante de Izquierda Republicana. Tenente alcalde da Pobra do Caramiñal, era o alcalde en funcións cando estalou a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi detido o 7 de xaneiro de 1937 xunto con Manuel Pérez Becerra. O 13 de xaneiro foi trasladado á cadea de Santiago de Compostela. Foi xulgado en Compostela por rebelión o 20 de marzo e condenado a pena de morte. Foi fusilado en Boisaca o 16 de abril de 1937.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.