A Pobra do Caramiñal: epicentro do remo galego nesta fin de semana

02 Abril 2025

A Pobra do Caramiñal converterase este sábado e domingo nun referente do mundo do remo grazas á celebración de dous eventos destacados. O sábado disputarase a VI Bandeira de Bateis, mentres que o domingo será a quenda da tan esperada “Final de finais” da Liga Galega de Bateis. Ambas competicións desenvolveranse na Dársena Comercial do Porto da Pobra do Caramiñal.

Segundo Emilio Dieste, presidente do Club de Remo, a afluencia será masiva: “Sabemos que as regatas deste fin de semana serán multitudinarias. Na xornada do sábado contaremos con preto de 600 deportistas, sendo o número previsto para o domingo un pouco menor, ao tratarse dunha Final”.

Tamén Gustavo Vázquez Torrado, vicepresidente da Federación Galega de Remo de banco fixo, resaltou a importancia do evento: “A Pobra ten unha gran tradición remeira. A organización é sempre espléndida e o campo está entre os mellores a nivel nacional para os bateis. Disputar na Pobra do Caramiñal unha final de finais é unha garantía para nós. Estamos enormemente agradecidos”.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez, aproveitou a ocasión para recoñecer o labor do Club de Remo Puebla: “Este tipo de ocasións son para nós unha oportunidade para agradecer o seu traballo, implicación e fe neste deporte, que remata por contaxiarse a todo o noso concello”.

A Liga de Bateis, na que compiten preto de 1200 deportistas, continúa medrando tanto en participación como en equipos mixtos. Na zona norte, destacamos os 64 equipos masculinos e outros tantos femininos, consolidando o seu carácter inclusivo e competitivo.

Con estes eventos, a Pobra do Caramiñal reforza o seu compromiso co deporte e co fomento das tradicións remeiras que definen a súa identidade. O espectáculo está garantido!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.