A obra “Manuela Rey is In Da House” inicia un novo periplo en Ribeira

16 Abril 2025

A obra Manuela Rey Is In Da House vai iniciar un novo percorrido pola xeografía galega. O espectáculo teatral iniciará en Ribeira a xira galega que percorrerá oito cidades durante os vindeiros meses, entre elas A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo ou Vigo.

Á presentación acudiron Antía Alberte, concelleira de Cultura de Ribeira, o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, que é tamén director do espectáculo desta coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional São João e Teatro Nacional D. Maria II, coa dirección e dramaturxia de Fran Núñez a partir de textos de Manuela Rey e outros autores.

A representación da obra Manuela Rey Is In Da House terá lugar no Auditorio
Municipal de Ribeira o mércores 30 de abril, ás 21:15 h, véspera do festivo 1 de maio.

Esta obra só se representou en Santiago xunto a catro vilas portuguesas e
agora inicia en Ribeira unha nova xira por cidades galegas.

“A cultura non é só un entretemento, ten que ser unha fiestra para concienciar á xente, facela reflexionar e por en valor o patrimonio cultural, ambiental e tamén o patrimonio de persoas como vén sendo a figura de Manuela Rey”, sinalou Antía Alberte.

Pola súa banda, Fran Núñez agradeceu ao Concello por acoller a primeira función “desta xira por Galicia”. Núñez falou sobre a dificultade das primeiras funcións, “e máis nun espectáculo deste tipo de moi gran formato”. Tamén falou da vinculación de Ribeira coa obra, “xa que o ano pasado os veciños e veciñas deste concello viñeron vela a Santiago nun autobús e tamén foi fretado outro dende Ribeira para asistir á función en Porto” e rematou: “Vir a Ribeira é como vir a casa e fainos moitísima ilusión a todo o equipo porque ver 50 persoas de Ribeira comendo coa dirección de produción do Teatro Nacional São João e celebrando a vida de Manuela Rey, foi das cousas máis bonitas que levamos para casa nisto de vivir do teatro”.

As entradas serán a través de Ataquilla.com de xeito presencial na OAC da Casa do Concello de Ribeira, de 9 a 14 h con tarxeta bancaria e online en
Ataquilla.com a partir do vindeiro luns 21 de abril ás 9 h de xeito simultáneo. O prezo será de 9 € máis gastos de xestión para patio xeral e de 4,95 € máis gasto de xestión para visibilidade reducida, ata completar aforo.

O espectáculo está recomendado a partir de 16 anos, ten unha duración de 80 minutos e respecto do dossier hai unicamente un cambio no reparto, unha actriz que por motivos persoais muda por outra, concretamente Mariana Carballal non estará nesta xira ocupando o seu lugar a actriz Mercedes Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...