A DXT lanza unha nova campaña de control de velocidade desde este luns

06 Abril 2025

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comezará este luns, día 7 de abril, unha campaña de vixilancia e control de velocidade que se estenderá ata o domingo 13. O obxectivo desta iniciativa é reducir a velocidade media nas estradas convencionais e vías urbanas, fomentando unha condución máis segura.

Segundo informou a Delegación do Goberno, a campaña será coordinada polas xefaturas provinciais de Tráfico e contará con diversas medidas, como a sinalización previa dos controis mediante paneis variables e pantallas alfanuméricas de vehículos da Agrupación de Tráfico. Ademais, as policías locais colaborarán para asegurar o cumprimento das normativas de velocidade.

No ano 2024, 39.168 condutores perderon en Galicia un total de 95.388 puntos do permiso de condución por cometer 40.588 infraccións graves de exceso de velocidade. Destas, 1.267 foron sancións que implicaron a perda de seis puntos, clasificadas como as máis graves.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.