A Dra. Inés Gómez Otero recolle o martes o VI Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

20 Abril 2025

Este martes, 22 de abril celebrarase a entrega do VI Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía. Este recoñecido galardón, centrado nas enfermidades valvulares cardíacas, foi outorgado ao traballo liderado pola Dra. Inés Gómez Otero, responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Especializada do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e investigadora no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

A cerimonia, presidida polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reunirá ao equipo gañador liderado pola Dra. Gómez Otero. Ademais, estarán presentes os presidentes de honra e executivo do xurado, o empresario Ramiro Carregal e o Dr. José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do CHUS, así como o Dr. Ángel Facio, xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

O proxecto premiado desenvolverase no Hospital Clínico Universitario de Santiago e no Hospital La Fe de Valencia. Este ten como obxectivo identificar precozmente pacientes con insuficiencia mitral severa que non responden ao tratamento convencional, aplicando estratexias terapéuticas avanzadas e personalizadas para mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos pacientes, así como optimizar o uso dos recursos sanitarios.

O Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía conta cunha dotación de 30.000 euros, así como un símbolo distintivo e acreditativo do recoñecemento outorgado e será entregado ás 19:30 horas no Hotel Monumento San Francisco de Santiago.

Premio Ramiro Carregal na edición 2024

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...