A Deputación da Coruña licita a senda peonil de Rianxo a Burés por Asados

25 Abril 2025

A Deputación da Coruña licitou a senda peonil na estrada provincial DP-7202 que une Rianxo e Burés por Asados. Esta obra vén a completar a intervención de mellora da capa de rodaxe nesta vía executada polo organismo provincial no outono de 2023, facéndoa agora máis segura para as persoas que transitan a pé.

Os traballos, que saen a concurso por 169.614,22 euros e aos que as empresas poden presentar as súas ofertas ata o 19 de maio, contemplan a construción dunha senda peonil sobreelevada de 2 metros de ancho medio e case 400 de lonxitude entre os puntos quilométricos 1+541 e 1+911. O obxectivo é “dar continuidade aos tramos de beirarrúa xa existentes na zona”, informou a Deputación, engadindo que o proxecto inclúe tamén a execución dunha nova rede de drenaxe de augas pluviais mediante tubaxes de PVC, sumidoiros e pozos de rexistro ao longo da senda.

Por outra banda, a entidade provincial explicou tamén que nalgúns puntos, como na zona do tanatorio e no camiño municipal cara a Barral e Outeiro, non se construirá senda, mais si se renovará a canalización subterránea. Ademais, habilitarase unha zona de estacionamento con pavimento asfáltico ao pasar o cruce coa mencionada vía que leva cara Barral e Outeiro. A actuación completarase coa reposición da rede de abastecemento de auga, renovación do alumeado público e instalación da sinalización viaria necesaria.

A Deputación completa así un importante investimento na vía, pois a estes case 170.000 euros hai que sumar os 303.248 euros que se empregaron en renovar o firme dos tres primeiros quilómetros da vía, que transcorre por un tramo urbano ata a capela de Santa Lucía.

Este investimento reforza o compromiso do ente provincial coa mobilidade peonil, permitindo á veciñanza de núcleos como Barraca ou Lustres achegarse á capitalidade de Rianxo a través dun itinerario seguro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.