A Challenge Barbanza convoca ao pelotón junior nacional en Rianxo e Ribeira

11 Abril 2025

Este sábado 12 de abril ás 16:30h poñerase en marcha a proba de Rianxo, que percorrerá 89 quilómetros. Os ciclistas darán un primeiro xiro cara a Boiro con regreso a Rianxo, para afrontar na parte final a dureza co Alto de Bexo (km 56’8) e Cruz de Abelán (km 77’5) a apenas 10 quilómetros de meta. Disputaranse dous Metas Volantes, a primeira no quilómetro 27 ao paso por Boiro, e a segunda no km 60’4 ao paso por Distribuinosa.

Percorrido etapa 1 Rianxo
O domingo 13 de abril en horario matutino, ás 10:30h poñerase en marcha a proba de Ribeira que decidirá a xeral con 89’6km de percorrido. Os ciclistas afrontarán dúas voltas a un percorrido co Alto de Moldes (km 30’3 e 74) antes de chegar a Pobra, onde se disputa métaa Volante na Praia de Cabio (km 37’5 e 81’4) para regresar de novo cara a Ribeira.

Percorrido etapa 2 Ribeira
Participantes Challenge Volta O Barbanza 2025
Estarán na liña de saída desta Challenge Volta O Barbanza «A Orixe», 16 equipos nacionais e 2 internacionais: Recambios Callejo e o Maguisa Guijuelo desde Castela e León; Sidra Menéndez e MMR Academy desde Asturias; Tenerife BikePoint, o castellanomanchego Ciudad de Talavera, os estremeños de Electromercantil GR100, o Gravatas Pindal cántabro, #De la Uz, Paredes Reconco, así como os galegos Cortizo, Club Ciclista Teis, Club Ciclista Carballo, Cambre, Lucus Augusti e Picusa. A eles súmanselle os portugueses Landeiro e Tensai.

Cobertura Challenge Volta O Barbanza 2025
A primeira xornada en Rianxo terá horario vespertino, con saída ás 16:30h e a chegada prevista ao redor das 18:15h.

Para a segunda xornada en Ribeira, os ciclistas tomarán a saída ás 10:30h e antes da 13h concluiría a proba coa cerimonia protocolaria de entrega de premios.

En redes sociais poderase seguir toda a información cos hashtag #Barbanzarousa e #ChallengeBarbanzaAOrixe. A través da conta de Facebook do Club Ciclista Barbanza, compartiranse vídeos e información sobre a competición, en directo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.