A campaña “Ola Primavera” da ABE pecha cun balance positivo e máis de 2.000 tíckets rexistrados

07 Abril 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo fin á súa campaña Ola Primavera cun balance “moi positivo” tanto en participación como en dinamización do comercio local, segundo fixo constar a patronal boirense no seu balance, engadindo que a gañadora do gran premio foi Ana Romero Toucedo, que rexistrou un tícket de compra do establecemento Librería Nobel A de Rosa, e resultou premiada coa paga mensual de 100€ en vales ABE ata decembro, o que supón un total de 900€.

Durante o período da campaña, que se desenvolveu do 24 de marzo ao 6 de abril, rexistráronse 2.098 tíckets de compra, fronte aos 1.285 rexistrados nas dúas semanas previas, “o que representa un importante incremento da actividade comercial en Boiro”, salientou a ABE.

Como colofón, o sábado 5 de abril celebrouse unha gran festa de compras, con actividades lúdicas. Na ruleta da sorte, colocada nunha carpa no centro da vila, realizáronse 155 tiradas, que se traduciron en outros tantos premios directos para a clientela e repartíronse de balde case 300 bolsas de flocos de millo, contribuíndo a crear un ambiente festivo e participativo.

Ademais, con motivo da presentación do novo catálogo de premios ABE, os rexistros realizados na web os días 4 e 5 de abril acumularon o dobre de puntos, o que permitiu sumar un total de 5.774 puntos, dos cales a metade foron agasallo desta promoción. “Esta acción reforza a fidelización da clientela e impulsa o uso do sistema de recompensas da ABE”, sinalou a patronal.

O presidente da ABE, Daniel García, valorou de forma moi positiva os resultados da campaña, destacando a gran implicación dos comercios, o entusiasmo da veciñanza e a consolidación destas iniciativas como ferramenta para reforzar o consumo local”. A campaña tamén serviu para presentar o novo catálogo de premios ABE, con nova imaxe e máis variedade.

Desde a ABE agradecen “a confianza depositada tanto polos comercios participantes como pola cidadanía”, e comprométense a “seguir traballando en accións que impulsen a economía local de forma creativa, atractiva e participativa”.


Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.