A ABE destaca o potencial innovador, fortalecedor e dixitalizador do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia

04 Abril 2025

Este venres 4 de abril celebrouse a presentación oficial do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030. A cita foi na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e nela participaron, achegando os detalles do Plan (a folla de ruta da innovación autonómica para impulsar e reforzar a actividade do sector), o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén. Tamén acudiron as patronais da comarca do Barbanza, incluída a a Asociación Boirense de Empresas (ABE), que tivo parte activa nas mesas de traballo previas ao evento de presentación, nas que se elaborou o plan e se achegaron propostas específicas do comercio local. Estas xornadas de traballo foron “clave” para que a ABE puidese trasladar as necesidades e opinións do comercio de proximidade, contribuíndo “ao desenvolvemento dunha estratexia adaptada aos retos e á realidade dos pequenos e medianos negocios galegos”, destacaron dende a directiva da patronal boirense.

O plan, cun orzamento de 320 millóns de euros, busca impulsar a modernización e competitividade do comercio galego, e aborda áreas clave como a creación dunha marca do comercio galego, a revitalización das contornas comerciais urbanas e a mellora da experiencia de compra para os consumidores. A ABE considera que este “plan permitirá aos seus comercios asociados adaptarse mellor aos novos retos que impón a dixitalización e os cambios nos hábitos de consumo, ao tempo que fortalece o sector no seu conxunto”.

A ABE tamén se compromete a manter informados aos seus comercios asociados sobre a execución do plan, “asegurando que todos poidan beneficiarse das oportunidades que se presenten”. Neste sentido, a patronal boirense anunciou que vai “participar activamente na execución do plan, traballando de maneira conxunta coas administracións e co resto de entidades do sector para que as accións previstas se implementen de forma eficaz”.

Para a asociación, outro dos eixes clave do plan é “o fomento da mocidade no comercio, a través de iniciativas como Localízate, que buscan achegar aos mozos e mozas ao comercio de proximidade”.

A ABE reafirma o seu compromiso co comercio local e coas iniciativas que “poidan fortalecer e dinamizar os negocios asociados, co obxectivo de garantir que o comercio de proximidade siga sendo un piar fundamental na economía galega”.

Os interesados en ler o Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 en detalle poden facelo a través da ligazón habilitada na Rede.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.