A ABE busca familias protagonistas para a nova campaña a favor do comercio local

22 Abril 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) lanzou un casting aberto para atopar as familias protagonistas da súa nova campaña de promoción do comercio local. Baixo o lema Dá a cara polo comercio local, a iniciativa pon o foco na transmisión interxeracional do costume de mercar nos negocios de proximidade. En palabras da patronal de empresas de Boiro, o obxectivo é “visibilizar a importancia que teñen nais, pais, avós/as e bisavós/as na educación das novas xeracións sobre o consumo responsábel e o apoio ao comercio de sempre”. A campaña contará con fotografías e vídeos promocionais que se difundiran tanto en formato dixital como físico.

“Queremos contar con familias reais, que fagan da compra local un costume e un valor que se transmite de pais a fillos. Esa é a forza do noso comercio: a confianza, a tradición e o trato humano”, sinala o presidente da ABE, Daniel García.

Poderán participar familias formadas dende dúas  ata catro xeracións (bisavó/ oa, avó/a, fillo/a e neto/a) que vivan en Boiro ou que teñan un vínculo habitual cos seus negocios.

Para presentarse ao casting deberán enviar: unha foto conxunta das xeracións participantes, os seus nomes e idades e un teléfono de contacto.

O prazo para enviar as candidaturas remata o domingo 4 de maio. Entre todas as propostas recibidas, seleccionaranse seis familias que participarán nunha sesión de fotos e vídeo profesional. As súas imaxes converteranse nas protagonistas visuais da campaña. Ademais, cada familia escollida recibirá unha Caixa de Bonos ABE valorada en 50 € para gastar nos negocios locais asociados.

Unha campaña presente nas rúas e nas redes

A ABE confirmou que a campaña terá presenza en soportes dixitais e físicos. No espazo urbano, o público atopará as xa coñecidas e recoñecíbeis pancartas de gran formato polas rúas de Boiro, un soporte habitual nas accións da ABE que xa forma parte da paisaxe do municipio. De xeito paralelo, o contido será difundido tamén a través das redes sociais da asociación e medios dixitais.

Por un Boiro “vivo e con futuro”

Con esta campaña, a ABE busca “reforzar o papel social e económico do comercio local, destacar o seu valor cultural e recoñecer o compromiso das familias que o apoian cada día”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.