Xoán Carlos Somoza é o novo responsábel local do BNG de Boiro

17 Marzo 2025

O BNG de Boiro, dentro do proceso asembleario do Bloque Nacionalista Galego, vén de elixir por unanimidade, a Xoán Carlos Somoza Viturro, responsábel local da organización, en substitución de Alberto García, procedendo, deste xeito, a renovar a súa responsabilidade orgánica.

Militante activo e con participación en diversos movementos asociativos e culturais, acepta o cargo coa firme intención de traballar para lograr un BNG máis forte, buscando a implicación activa de militancia de cara a consolidar un proxecto político máis necesario que nunca para Boiro.

“Asumo esta responsabilidade con ilusión e coa vontade de fortalecer o proxecto do BNG en Boiro, apostando pola participación activa da militancia e a veciñanza”, declarou Somoza Viturro tras a súa elección.

Xunto coa referida elección, a Asemblea Local vén de establecer as liñas básicas de traballo político para os vindeiros anos, así como a periodicidade das súas reunións, que, de forma ordinaria, se celebrarán todos os luns ás 20,30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.