“Vivos, malia todo: non poideron matar os sentimentos”. Antón Luaces

22 Marzo 2025

Eu fun un dos máis ou menos tres millóns de espectadores que, a través da 2TVE e Canal 24h da televisión pública estatal, soubemos o que o coñecido xornalista galego Manolo Rico recompilara para, no documental “7.291”  sobre a xestión e o servizo prestados na capital de España aos afectados pola  COVID, aportar datos, evidencias, sobre o acontecido,

Cun 15% de cota de pantalla e 1.278.000 espectadores de media (2.963.000 espectadores únicos), TVE deixou ben claro co documental “7.2091” sobre a pandemia vivida en toda España vai 5 anos, que na comunidade de Madrid chegaron a vivirse circunstancias inimaxinables nas que os bulos, as mentiras e as contradicións presidiron días de incerteza e infindo desgarro familiar dos que, a día de hoxe, os que conservan a memoria e a vida non poden desprenderse. Ahí están, en boa hora, doentes que superaron a problemática propia da pandemia que afectou especialmente aos ingresados en residencias de maiores, moitas delas entregadas -como acontece en Galicia- polo goberno autonómico a empresas privadas que os xestionaban e xestionan. Eses sobreviventes son quen  de contar o que pasaron, o que para a súa desgraza viviron. E tamén  están os familiares, testemuñas inconsolables da contradición que significa “vivir” a morte dun pai, unha nai, un irmán, sen ter para eles o sinxelo consolo da presencia ao seu carón: en diferido. Vivir de xeito indigno as derradeiras horas dun ser querido ao que tampouco se permitiu “ver” antes da súa incineración ou enterro. Todo isto, onde se supoñía que os acollidos poderìan superar -ao igual que outros afectados ingresados en centros médicos- ese mal que se nos veu enriba e que chamamos COVID cando no  queriamos dicir PANDEMIA.

Todos eles sufriron as consecuencias da imprevisión e a incapacidade para dar resposta a unha situación que non souberon superar. 

No documental “7.291” (que quer reflectir o número de doentes finados nesas residencias de Madrid) queda claro que os derivados destas a hospitais foronm, exclusivamente os titulares ou beneficiarios de seguros privados.

Para paliar os efectos negativos do decretado pola comunidade autonómica madrileña, esta investiu 300 millóns de euros en adaptar un edificio de feiras (IFEMA) en centro hospitalario que non acadou máis recoñecemento médico que os comentariios sobre a rapidez na colocación de biombos separadores que permitían unha mínima intimidade dos enfermos (que non  podían ser visitados polos seus familiares nen sequera para despedilos).

Desgarrador o documental, demoledor o testemuño. Inapelable  a acusación de abandono. E no aire, un intento gobernativo para crear unha Axencia estatal que coordinara as actuacións que motive nun futuro unha circunstancia semellante á da COVID.  

Os deputados do Congresio saberán por que.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.