Villares reivindica a descentralización da xestión pesqueira comunitaria mediante unha meirande participación activa das rexións

18 Marzo 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na Asemblea Extraordinaria da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) na que reivindicou “a descentralización da xestión pesqueira a través dunha maior participación das rexións marítimas na toma de decisións”. Así, subliñou que “resulta esencial impulsar garantir a participación proactiva das autoridades rexionais, xunto coas institucións comunitarias, Estados membros, organismos científicos e o propio sector, entre outros, nun marco de cooperación entre os diferentes axentes implicados”.

Seguindo este fío, apostou por unha “rexionalización da PPC” que proporcione mellores condicións para a colaboración entre os principais actores das concas marítimas apoiando e consolidando a experiencia destas administracións en materia de coxestión establecendo un novo espazo para elas no marco da política pesqueira comunitaria. “Un coñecemento e know how que pode contribuír a un modelo de xestión pesqueira máis eficaz, adaptado ás singularidades de cada territorio e que responda ás necesidades e desafíos do conxunto da cadea mar-industria europea”, sinalou, ao tempo que subliñou a necesidade dunha definición máis ampla e apropiada da pesca costeira artesanal “xa que debería atender criterios como a duración das saídas para a pesca, a capacidade de desembarcar diariamente peixe fresco para a súa venda nos mercados locais así como a forte conexión coas comunidades costeiras e ás súas economías locais”. Así, demandou que esa nova definición sexa recollida explicitamente no regulamento (UE) Nº1380/2013 e, en consecuencia, sexan actualizados o resto de actos lexislativos pertinentes.

O conselleiro, que ostenta a presidencia do grupo de traballo Marítimo e de Pesca da organización, situou como “urxente a realización de mellores avaliacións e máis amplas ao redor do impacto do cambio climático e de todas as actividades humanas sobre as poboacións de peixe e a acuicultura”. Nesta liña resaltou que “unha xestión sostíbel destas poboacións de especies comerciais debería sustentarse nun enfoque amplo dos ecosistemas e non só no axuste á baixa dos esforzos pesqueiros”. Ademais, apostou por unha nova definición de capacidade pesqueira xa que, os quilovatios ou os tonelaxes xa non criterios relevantes para alcanzar obxectivo do Rendemento Máximo Sostíbel (RMS).

Por último, o conselleiro tamén reclamou maiores recursos económicos para cofinanciar un Blue Deal ambicioso sen ir en detrimento dunha PPC que atenda ás necesidades específicas do sector pesqueiro e acuícola. Lamentou que “a Comisión lanzara simultaneamente a convocatoria de probas e a consulta do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 e a avaliación intermedia do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e que as mesmas non foran dotadas cun calendario máis amplo que permitira unha maior participación de representantes do sector”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...