Unha persoa perdeu a vida logo de colidir contra un camión en Ames

13 Marzo 2025

O falecido era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente un cuarto de hora despois das 20:00h. Segundo indicaron varios alertadores, un coche e un camión chocaran no quilómetro 2 da AC-544, co condutor do turismo sen poder saír logo do impacto.

Decontado, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.

Logo da chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor do coche perdera a vida, sen que nada puidesen facer por evitalo. Ademais, os membros do GES de Brión indicaron que sería preciso o uso do material de excarceración para liberar ao falecido.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.