Un home evacuado en helicóptero logo de cortarse cunha rebarbadora en Muros

27 Marzo 2025

Un familiar chamou decontado ao 112 Galicia despois de realizarlle un torniquete. O corte, cunha rebarbadora, produciuse nunha das extremidades superiores, preto da man, e parecía afectar ás arterias. Así o explicaron os membros do GES de Muros, que acudiron ao lugar do accidente co fin de colaborar nas labores de aterraxe do helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo explicaron os alertadores a través do 112, o home estaba a realizar traballos domésticos cunha rebarbadora cando sufriu un corte profundo cuxa hemorraxia trataron de conter mediante a aplicación dun torniquete. 

Ademais do equipo médico, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a colaboración dos efectivos do GES de Muros e avisaron aos axentes da Garda Civil. 

Cómpre indicar que o accidente localizouse nun domicilio do lugar da Pendente, en Esteiro, Muros, e o ferido foi recollido polo helicóptero e trasladado a Santiago.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.