Sole Felloza visita Boiro coa función infantil “Acender a noite”, este venres en Abanqueiro

25 Marzo 2025

A contadora Sole Felloza vai estar este venres 28 de marzo no concello de Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para ofrecer un espectáculo destinado ao público infantil e familiar. Trátase da función Acender a noite. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función. A cita será ás 20.00 horas.

A galego-uruguaia Soledad Felloza dedícase á narración oral desde hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, e conta cunha ampla formación no eido do teatro e no eido dos contos. Recibiu o Premio Europeo ao mellor conto para nenos e nenas por A cociñeira do rei (Editorial Oqo). O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da nenez. Ten editados discos de contos para nenos baixo o titulo De Tin Marín, esgotados neste momento.

Acender a noite é unha obra para público infantil que achega á rapazada aos contos para alumear a escuridade coas palabras brillantes que constrúen mundos novos e, ao mesmo tempo, serven para camiñar no noso.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.