Sinerxia, con sede en Ames, contribúe á formación e á inserción laboral no sector pesqueiro co proxecto PESCA-HAB

19 Marzo 2025

Sinerxia Consultora, con sede en Ames, vai impulsar un proxecto de gran potencial para impulsar a inserción laboral e a formación no sector pesqueiro: o proxecto PESCA-HAB (Capacitación para a sustentabilidade na xestión pesqueira), seleccionado dentro da convocatoria de axudas do Programa Empleaverde e aprobado cunha subvención de 174.003,83€ que levará a cabo entre os anos 2025 e 2026. O seu principal obxectivo é impulsar a capacitación e a contratación de persoas desempregadas no ámbito da xestión pesqueira sostíbel.

PESCA-HAB desenvolverase en Galicia e Andalucía co obxectivo de formar a persoas desempregadas en xestión pesqueira, cun enfoque específico en sustentabilidade e análise de datos para fortalecer a conservación da biodiversidade mariña. A formación será híbrida, combinando sesións presenciais e en liña, adaptándose ás necesidades dos participantes. O proxecto está dirixido a profesionais e recentemente graduados en disciplinas relacionadas coa sustentabilidade como ciencias ambientais, sociais e económicas, análises de datos e Big Data, así como a persoas con experiencia nestes eidos, especialmente en áreas como análises de datos, estatística e informática.

A iniciativa enfócase en capacitar ás persoas desempregadas en dúas ocupacións prioritarias: especialistas en sustentabilidade e biodiversidade mariña, e especialistas en investigación de recursos naturais e ecosistemas acuáticos.

Sinerxia lembra que segundo un estudo da Fundación Biodiversidade, estas ocupacións foron identificadas como altamente demandadas dentro do Eixo Prioritario Pesca e Acuicultura Sostibles (BIO6).

Ademais, PESCA-HAB contempla a contratación de dúas persoas ao finalizar a formación, unha en Galicia e outra en Andalucía. Un dos perfís será en sustentabilidade e o outro en análise de datos, co obxectivo de optimizar a xestión pesqueira. “Isto”, explican dende a empresa de Ames, “permitiranos mellorar os nosos servizos na xestión de datos e sustentabilidade, e ofrecer un soporte máis especializado aos seus principais clientes”.

Con este proxecto, Sinerxia Consultora reforza o seu compromiso coa sustentabilidade no sector pesqueiro e contribúe á creación de emprego, ofrecendo unha formación que apoia a transición cara a prácticas pesqueiras máis responsables e respectuosas co medio ambiente. Grazas ao apoio do Programa Empleaverde e a colaboración coa Fundación Biodiversidade, PESCA-HAB posiciónase como unha oportunidade para mellorar a empregabilidade nun sector crucial para a economía e a biodiversidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.