Segunda xornada de marisqueo en Noia marcada pola incerteza

04 Marzo 2025

Decepción entre as mariscadoras de Noia na segunda xornada da campaña tras unha parada de dous meses

A segunda xornada da campaña de marisqueo en Noia arrancou este martes cunha mestura de esperanza e desánimo entre as mariscadoras, logo dunha primeira xornada que non cumpriu as expectativas. Dispoñen de tres horas e media para recoller as cotas estipuladas: tres quilos de berberecho e tres de ameixa.

Porén, o panorama non é alentador. O berberecho de cuarta categoría non superou os 3 euros o quilo na lonxa, mentres que o de terceira acadou os 7. A ameixa xaponesa vendeuse a 9 euros, e a fina, máis escasa, chegou aos 34. Estes prezos, xunto coa baixa cantidade e o reducido tamaño do produto, merman o ánimo das traballadoras do mar.

A elevada mortaldade do marisco podería deberse a varias causas, segundo explica María Piñeiro, da Agrupación de Mariscadoras de Noia. Entre elas, sinala a apertura indiscriminada das comportas do encoro do Tambre, as riadas provocadas polos últimos temporais ou mesmo a contaminación.

A confraría noiesa tiña previsto prolongar a campaña ata a Semana Santa, pero, á vista dos resultados iniciais, ven complicado que se poida manter tanto tempo. O sector atópase nunha situación delicada, pendente da evolución do marisqueo nos próximos días.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.