Sanidade destina máis de 18.000 á Asociación Renacer para traballos de inserción

22 Marzo 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a vicepresidenta da Asociación Renacer de Ribeira, María José Garabán, veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos de adicción, que a Xunta financiará cunha achega de 18.870 euros. Ao abeiro deste convenio, o pasado ano foron atendidos por esta asociación un total de 241 usuarios, dos que 210 eran homes e 31 mulleres. As iniciativas no ámbito da incorporación social desenvolveranse a través do Programa de Atención Xurídico Social que deberá ser dirixido á atención integral das persoas con trastornos de adicción e problemática legal engadida, prestándolles axuda técnica en relación a trámites xurídicos. A prestación dos mencionados servizos levarase a cabo por parte dos profesionais que integran os equipos nos diferentes dispositivos da asociación.

O conselleiro lembrou que” no presente ano a Xunta destinará 447.000 euros ao desenvolvemento no conxunto de Galicia do Programa de Atención Xurídico Social. En 2024 este programa posibilitou axudar a 1.995 persoas a través sete asociacións sen ánimo de lucro”.

Tal e como se recolle no convenio asinado, a asociación Renacer de Ribeira comprométese a cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, coordinándose, ademais, con outros centros, servizos e programas recollidos dentro do Plan de Galicia sobre Drogas.

Explicouse que o perfil social destas persoas é variado, pero “gran parte delas presentan dificultades adicionais para a súa incorporación social, ao estar incursas en procedementos xudiciais que poden comportar un ingreso en prisión e dificultar así os seus procesos de recuperación”. Através deste convenio facilítase a atención integral ás persoas con condutas aditivas e problemas legais, proporcionado cobertura de apoio e documental ao ámbito xudicial (xulgados, comisarías, prisións…), tanto a usuarios como a xuíces, fiscais, avogados e á propia institución penitenciaria.
Así mesmo, o dito programa actúa como porta de entrada nos recursos clínico- asistenciais.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.