Rois acolle o xoves 27 de marzo unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica

20 Marzo 2025

O Concello de Rois organizará unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica o vindeiro 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Edificio Multiúsos. Esta iniciativa busca fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos no fogar, promovendo prácticas sostíbeis entre a veciñanza.

Durante o evento, os participantes recibirán información detallada sobre o proceso de compostaxe e, ao remate da formación, entregaránselles os materiais necesarios para poñelo en práctica: un composteiro, un aireador e un manual de compostaxe. A sesión está dirixida a persoas residentes en Rois que dispoñan dun espazo mínimo de 50 m² para a instalación do composteiro.

Debido á dispoñibilidade limitada de composteiros, é preciso realizar unha inscrición previa en liña para garantir a entrega do material.

Ademais, ao longo do anos 2025 realizarase un seguimento para supervisar a correcta aplicación do proceso de compostaxe.

Esta campaña conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

As persoas interesadas poden contactar no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico residuos@rois.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.