Ribeira honrará ás súas mulleres limpadoras polo 8M

06 Marzo 2025

O Concello de Ribeira presentou as actividades que vai a desenvolver polo Día Internacional da Muller. Á convocatoria asistiron a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e Manoli Parente, responsábel do CIM de Ribeira. Rivadulla introduciu o acto desta maneira: “O ano 2025 é un ano crucial para a procura mundial da igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres, xa que se cumpren 30 da Declaración y Plataforma de Acción de Beijing”. Engadiu que no ano 1995, 189 gobernos adoptaron a declaración desta plataforma durante a IV Conferencia Mundial sobre a Muller que se celebrou en China e que “dito documento é un plan de acción progresista e avalado para o avance dos dereitos das mulleres e nenas en todo o mundo, sentando as bases para as políticas, programas e investimento nas áreas claves coma a educación, a saúde, os medios e sobre todo a eliminación da violencia contra as mulleres”.

Rivadulla engadiu que a celebración deste día sirve para pedir a medios, gobernos e persoas que tomen medidas e que invistan nas promoción dos dereitos das mulleres e na igualdade de xénero.

Pola súa banda, Antía Alberte presentou unha das actividades programadas polo Concello: a exposición que se vai inaugurar este venres 7 ás 20.30 h no CC Lustres Rivas que leva como título II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025.

Para rematar a presentación, a responsábel do CIM de Ribeira, Manoli Parente, debullou o resto dos

actos que sen van a celebrar, entre os que se atopa unha conferencia programada para este xoves 6 de marzo, baixo o epígrafe Rachando o silencio imposto na Historia da Arte, coa relatora Carolina Casal Chico, investigadora independente da Rede de Estudos Medievais da USC e docente externa IV Ciclo USC Campus Terra.

Ademais, o propio sábado 8 de marzo levarase a cabo o acto de Homenaxe ás Mulleres de Ribeira Traballadoras no Servizo de Limpeza, cita que se celebrará na sala polivalente do Auditorio Municipal se será conducido pola actriz Atenea García, a partir das 12:00 h. Ao acto asistiran representantes deste colectivo no que tamén manifestarán as súas inquietudes e darán a coñecer as súas necesidades á tódolos asistentes.

O mércores 12 de marzo ás 11:00 h; para rematar os actos do 8M haberá unha representación teatral no Auditorio Municipal dirixida a escolares de 1o e 2o de Educación Primaria dos colexios de Ribeira. A obra leva o título de Daniel e Daniela, da compañía teatral Trémola.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.