Ribeira celebra o domingo 23 de marzo o Encontro das Persoas Maiores

06 Marzo 2025
Ribeira Encontro maiores 2024. O Barbanza

Este xoves tivo lugar a presentación do Encontro das Persoas Maiores 2025, que se celebrará o vindeiro domingo 23 de marzo. A xornada iniciarase cunha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía, amenizada pola Coral Polifónica Municipal. Posteriormente, os asistentes desprazaranse ata o pavillón do Complexo Deportivo da Fieiteira, onde está programada unha comida para as 13:00 horas.

O acto de presentación contou coa presenza do alcalde, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, e representantes dos clubs de xubilados das diferentes parroquias do municipio.

O concelleiro de Servizos Sociais, Mariño de Bricio, destacou a importancia deste evento como un momento de encontro e confraternidade. Ademais, agradeceu o labor dos clubs de xubilados na organización do evento xunto co goberno local. Informou que as entradas para asistir ao xantar sairán á venda o luns 10 de marzo ás 9:00 horas cun prezo de 25 euros. Para facilitar a adquisición, recomendou o pago con tarxeta e a compra en grupos de dez persoas para organizar mellor os comensais.

No referente ao menú, Mariño avanzou que incluirá cigalas, camaróns, unha laconada e, como novidade este ano, percebes. A introdución deste produto busca promocionar os recursos locais.

Tamén se habilitará un servizo de autobuses con saídas desde o apeadoiro ou estación ata o pavillón da Fieiteira, que acollerá a máis de 900 persoas.

Pola súa banda, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, expresou a súa satisfacción pola inclusión do percebe de Aguiño no menú. Informou que se prevé recoller uns 240 quilos deste produto na zona costeira entre Espiñeirido e Feltro, co traballo do 85% da flota local.

O alcalde, Luís Pérez Barral, pechou o acto agradecendo o esforzo dos clubs de xubilados, destacando o seu papel na dinamización do municipio. Tamén recoñeceu a contribución das persoas maiores á historia e desenvolvemento de Ribeira, resaltando que esta festa gastronómica é un xeito de homenaxear o seu legado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.