Ribeira acollerá a 2ª Andaina Solidaria “Un raio de luz” en favor da enfermidade de Dent

18 Marzo 2025

Este martes 18 de marzo celebrouse en Ribeira a presentación da segunda Andaina Solidaria “Un raio de luz”, unha iniciativa a favor das persoas e familias afectadas pola enfermidade de Dent e por extensión á súa Asociación Art for Dent, organizada polo Colexio Galaxia de Ribeira coa colaboración da ANPA do mesmo. Á convocatoria acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, os representantes do Colexio Galaxia, os profesores Eugenia Garrido e Fernando Yáñez (autor do mural de Manuel Ayaso para Salmoira) máis a representante da ANPA, Aurea Ageitos Gude.

Segundo explicaron, a doenza de Dent é moi minoritaria, de carácter hereditario e de orixe xenética. Este trastorno foi descrito nunhas 250 familias en todo o mundo, estando o 4% están focalizadas en Galicia.

A enfermidade de Dent adoita presentarse case exclusivamente en varóns e afecta selectivamente ao ril con proteinuria, hipercalciuria, nefrolitiase, nefrocalcinose e insuficiencia renal crónica. Non existe un tratamento definitivo para a enfermidade e de aí a importancia de seguir investigando para acadar unha solución.

A Asociación Art for Dent está composta por varias familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta doenza minoritaria que afecta gravemente aos riles dos nosos fillos. Desde a arte e a cultura, todo o que fan é para dar visibilidade e conseguir fondos para a investigación da enfermidade de Dent.

Suárez-Puerta informou que andaina será o vindeiro sábado 29 de marzo, e falou do importante de “facer fronte como sociedade a este tipo de situacións porque ao non verse tan afectada pola maioría, non se centra o foco sobre elas, pero son igual de importantes”. O concelleiro enalteceu o traballo da asociación que “é inconmensurábel porque unha persoa que non ten máis saída que a doazón dun órgano e que se vexa protexida por xente que se preocupe e que traballe para poder conseguir unha mellora na situación é digno de enxalzar”.

Suárez-Puerta animou á veciñanza e á xente da contorna a inscribirse na andaina na web de Deporticket ou ben ou no Colexio Galaxia; os donativos serán de 5 euros para os adultos e 3 euros para os nenos e nenas, e tamén poderanse facer inscricións o mesmo día da saída. Para finalizar sinalou que outra forma de axudar á asociación é facéndose socio da asociación ou a posibilidade de facer doazóns por Bizum co código 03256 ou incluso adquirir algún produto solidario a través da páxina web da asociación.

Despois dan gran acollida do año pasado, esta edición contará con percorrido moi sinxelo duns 6 km, con saída dende a praza de España ata a Pedra das Cabras, pasando polo mural de Manuel Ayaso, enmarcado dentro do proxecto mural da Asociación Art for Dent e realizado dentro do Festival Mural Salmoira do Concello de Ribeira. A escola de música POPs de Ribeira, amenizará ao final da andaina con diversas actuacións de nenos e nenas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.