A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo vén de recibir da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia un kit de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias. O alcalde, Julián Bustelo, o xefe da Policía Local, Rafael Romero, e o presidente da agrupación de Protección Civil de rianxo, Manuel Gómez, participaron no acto de entrega que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública. O material recibido será empregado para facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil na atención en accidentes ou emerxencias de calquera índole.






