Rianxo celebrará o Día do Autismo cunha andaina solidaria e con actividades formativas

18 Marzo 2025

O Concello de Rianxo conmemorará o Día Mundial do Autismo, o vindeiro 2 de abril, cunha “programación especial” orientada a reivindicar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade.

O día 6 de abril o municipio rianxeiro acollerá a II Andaina Solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza – BarbanTEA. Nos próximos días abriranse as inscricións.

Ademais, durante os días previos a esta andaina, levaranse a cabo diferentes actividades formativas e divulgativas orientadas aos clubs deportivos do municipio, entidades asociativas e ao conxunto da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.