Rescatada dunha persoa atrapada nun vehículo por unha saída de vía en Outes

04 Marzo 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron a socorrer unha saída de vía dun vehículo no que había unha persoa atrapada. O sinistro localizouse no punto quilométrico 63 da AC550, en Serra de Outes (concello de Outes).

A persoa foi liberada do vehículo e posteriormente trasladouse polo parte do 061 ao hospital.

Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Serra de Outes, O GES de Noia, e o 061.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 11:20 horas desta mañá, momento no que un particular informou dunha saída de vía no quilómetro 63 da AC-550. O alertador tamén indicou que o turismo quedara envorcado e cunha persoa ferida no seu interior.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

A muller implicada, incapaz de saír do coche, precisou da axuda dos membros do GES, pois foi necesario o uso do material de excarceración para liberala. Pola súa parte, a dotación de bombeiros colaborou na limpeza da vía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.