Rematan en Muros os traballos para renovar as rúas do núcleo das Laxas, en Louro

04 Marzo 2025

O Concello de Muros informou á veciñanza do remate das obras de aglomerado e renovación do pavimento nas Laxas, na parroquia de Louro. Os traballos melloran a accesibilidade da zona e os desprazamentos das persoas de mobilidade reducida.

“Cando chegamos ao Concello, atopamos unha rede de vías e camiños nas parroquias en mal estado de mantemento, polo que este tipo de actuacións son unha prioridade para o goberno local”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago, engadindo que “somos conscientes das necesidades de todas as parroquias e, no caso de Louro, esta era unha obra moi demandada”.

Pola súa banda, a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, sostivo que “estes traballos nas Laxas eran necesarios porque o estado do camiño era moi deficiente”. “Con esta renovación, melloramos a seguridade viaria e facilitamos o acceso ás vivendas á veciñanza da zona”.

Os traballos de renovación da rede de estradas e camiños de Muros continuarán por todo o concello ao longo do ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...