Recta final para inscribirnos no Rally París-Dakar do Entroido de Noia

12 Marzo 2025

Este mércores 12 de marzo (ata as 23.59 horas de hoxe) é a recta final para inscribirnos na nova edición do Rally París-Dakar de Noia, un dos grandes acontecementos do Entroido na vila noiesa. A celebración da XXXIX edición do Rally París Dakar, inicialmente prevista para o 7 de marzo pero adiada polo mal tempo, ten prevista a súa saída da explanada de Labarta ás 21.00 horas, e cun percorrido que pasará polo Paseo Antón Avilés de Taramancos e as rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro. Está programada a actuación da charanga BB+ e da disco móbil Chocolate. O desfile virá con mancheas de premios, cunha contía total de 7.000 euros a distribuír entre as propostas máis creativas das categorías individual, familias, comparsas e grupos. Como dixemos, o Rally ía celebrarse o 7 de marzo pero debido ás inclemencias climáticas daquela xornada a organización (o Concello) decidiu aprazar a súa celebración para este venres 14 de marzo co obxectivo de garantir as máximas participación e vistosidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.