Recta final para a celebración da ABAU- Probas de Acceso á Universidade : 3,4 e 5 de xuño

25 Marzo 2025

O Boletín Oficial do Estado publicou a resolución que establece as datas límite para a realización das Probas de Acceso á Universidade (ABAU- PAU) así como a publicación dos resultados provisionais.

Segundo o calendario fixado, as probas correspondentes á convocatoria ordinaria deberán finalizar antes do 14 de xuño de 2025. Ademais, os resultados provisionais faranse públicos antes do 28 de xuño do mesmo ano.

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) acordou que as probas se realicen preferentemente os días 3, 4 e 5 de xuño en toda España. Estas datas coinciden coas da EBAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) común acordadas polas comunidades autónomas do Partido Popular. Con todo, en Cataluña as probas celebraranse os días 11, 12 e 13 de xuño, mentres que en Canarias realizaranse entre o 4 e o 7 de xuño.

O acordo da CRUE foi deseñado “coa suficiente flexibilidade” para que cada distrito universitario poida adaptar a duración das probas, así como a distribución dos exames, segundo as súas necesidades. Así mesmo, poderanse establecer calendarios específicos nalgunhas comunidades autónomas para axustarse á finalización do seu calendario de Bacharelato.

Pazo de San Xerome, sede do rectorado da USC

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.