Protección Civil de Boiro recibe un kit de ferramentas eléctricas para atención ás emerxencias

15 Marzo 2025

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro vén de recibir da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes un kit de ferramentas eléctricas para atención ás emerxencias. A entrega do material tivo lugar esta mañá nun acto realizado na AGASP no participou o alcalde, José Ramón Romero, e os membros da agrupación, Ignacio Pérez e Raquel Piñeiro.

O obxectivo da incorporación deste material é facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes ou emerxencias de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos.

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal, así como colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais e incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico, procura de desaparecidos…

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.