Prosegue a I Mostra de Teatro Amador de Outes con “O Parvo”, este sábado da man do grupo de teatro Badius de Baio

13 Marzo 2025

Este 15 de marzo proseguen as funcións da primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Outes (Mostra de Teatro Nicolasa Añón) que se celebran na Casa da Cultura da Serra cada semana nesta tempada. Este certame, organizado pola Asociación Terra de Outes en colaboración co Concello, achegará ao público este sábado a peza teatral O parvo, do xa histórico grupo de teatro Badius de Baio.

A axenda da mostra inclúe funcións todos os sábados ás 20.00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, no auditorio da Casa da Cultura. A escolma de pezas a representar foi elaborada pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes conxuntamente co Concello. O obxectivo é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas.

As funcións comezaron este sábado 8 de marzo, con Quen o diría, da Asociación Charamela de Melide, e proseguen este 15 con O Parvo, do grupo Badius.

Proseguen o 22 de marzo con O Mestre, da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Muros).

O 29 de marzo será a quenda de Asalto de cama, de Teatro do Muíño (Laraño, Santiago).

O 5 de abril celebrarase a estrea da obra O doente imaxinario… Daquela maneira do grupo anfitrión.

A axenda remata o 12 de abril con Moito ruído e poucas noces, de Teatro Carauta (San Pedro, Santiago).

A axenda ao completo pódese consultar na web municipal, outes.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.