Portosín e Outes acollerán as dúas primeiras probas do nacional inclusivo de motonáutica Grupo Davila

20 Marzo 2025

Juan Caballero (texto e fotos). O Campionato de España Inclusivo de Motonáutica Grupo Davila, foi presentando na mañá deste xoves 20 de marzo nas instalacións do Real Club Náutico Portosín, sede da primeira cita do nacional que, co municipio de Outes, marcan o inicio da tempada con ambas as probas que tamén son valedoiras para o circuíto galego.

O presidente da entidade portosinense, Jorge Arán, foi o encargado, como anfitrión, de conducir o acto, ao que asistiron o tenente de alcalde do Concello de Outes, José Antonio Caamaño; o concelleiro de Deportes de Porto do Son, Carlos Lorenzo, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago, o presidente de ADECO-DEA – Agrupación Deportiva Costa Oeste-Deporte Adaptado, Pepe Barrio, así como o comodoro do club, Miguel Reboreda.

Jorge Arán

Arán, na súa alocución dixo que “levamos moitos anos traballando con Pepe e a Agrupación que preside, e falo a nivel de club xa que toda a nosa estrutura e todo o que nós podemos facer está á vosa enteira disposición xa que gozamos e participamos de todas estas probas e de todas as actividades que organizades”.

Pola súa banda Gago aludía á tarefa encomendada polo anterior presidente da motonáutica galega, Nikis Fernández, quen lle encargou, de maneira encarecida, que mantivese todas estas actividades: “Para nós o deporte inclusivo forma parte do noso ADN. Non en balde, segundo os datos de 2024, as licenzas para a súa práctica superaron o medio centenar en toda Galicia”, apuntaba o novo rexedor da motonáutica galega, engadindo que “este ano queremos anunciar que conseguimos o apoio dun grupo privado, o Grupo Davila, dedicado ás actividades portuarias a nivel internacional, contando con delegacións en todo o mundo e vai integrar este campionato de España dentro da súa política de RSC – Responsabilidade Social Corporativa, conseguindo non só con iso financiamento económico senón tamén entrar a formar parte da súa axenda de actividades, o que supón un alto grao de recoñecemento e difusión”, apuntaba o presidente federativo.

Carlos Gago

“Para nós, como club modesto que somos é un orgullo o poder organizar este tipo de eventos”, comentaba Barrio. Engadía o presidente de ADECO-DEA que, “ademais, é unha gran satisfacción o poder gozar dunhas instalacións como as do Real Club Náutico Portosín ou as do Concello de Outes, que fan máis doada a práctica do deporte adaptado”, concluía.

Miguel Reboreda

Reboreda, en calidade de comodoro do club sinalou que “é un orgullo para esta entidade acoller probas deste nivel como é un campionato de España, sacando o mellor de nós xa que esta é unha entidade afeita a involucrarse a fondo en todo o que organiza”.

Carlos Lorenzo

Lorenzo, en representación do Concello de Porto do Son, apuntou que “apostamos polo deporte inclusivo en todos os nosos eventos e ADECO-DEA sabe que pode contar sempre co noso apoio”.

Antonio Caamaño

Por último, pechaba a quenda de intervencións Caamaño, quen afirmaba que “desde o Concello de Outes sentímonos orgullosos de formar parte deste evento, agradecendo o gran labor que estades a facer”.

O Campionato Inclusivo de Motonáutica conta cun circuíto composto de 6 probas, das que a súa totalidade conforman o campionato galego e só tres o nacional, sendo estas últimas as de Portosín, Outes e Vigo, contando con sede como Tomiño, Agolada ou Castrelo de Miño. As probas consisten nun percorrido con boias fondeadas para trazar un slalom e as sempre complicadas probas de habilidade como o fondeo, rescate, pelota-cesta e amarre.

Portosín acollerá o inicio de ambos os campionatos o vindeiro sábado 29 de marzo, sendo a de Outes a segunda proba o 5 de abril, para finalizar o nacional en Vigo, no Liceo Marítimo de Bouzas, o 20 de setembro deste ano 2025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...