Porto do Son, presente na 12ª gala de entrega de premios Down Compostela

21 Marzo 2025

A tenente de alcalde de Porto do Son, María Maroñas, xunto á concelleira Magdalena Pérez, que acudiu en calidade de parlamentaria, estiveron presentes este xoves 20 de marzo na duodécima gala de entrega de Premios Down Compostela, organizada por esta entidade. A sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu esta gala na que os galardoados nesta edición foron a psicóloga Marta Rodríguez Lorenzo, o catedrático Antonio Rodríguez Núñez e a empresa Seur Geopost.

Porto do Son, integrador e solidario

Desde este venres 21 de marzo e durante toda a fin de semana, a estacada da fachada marítima do municipio sonense lucirá coas cores azul e amarelo, en conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down e para dar máis visibilidade ás persoas con esta síndrome, defender os seus dereitos e crer nas súas posibilidades. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.